LNB Evidencia dos números





       O 16 de outubro de 2005 ás 16 horas, no campo da festa de Santo Adrao (Lourenzá-Lugo), empezou esta aventura chamada LNB. 12 anos despois a LNB conseguiu organizar 492 xornadas de liga. Lembramos estes números porque o día 9 de decembro en Salcedo-Pontevedra a Conferencia máis nova da LNB vai estar de aniversario, xa que, celebrará a súa xornada 100. Será a terceira Conferencia en chegar a este número. 
       Sabemos a complexidade que ten organizar calquera actividade en grupo e máis se falamos de realizala en lugares xeográficos distantes. Polo tanto, queremos felicitar á Conferencia Rías Baixas polo seu próximo centenariado e á Conferencia Norleste polos seus 130 días de gozo billardeiro, á Conferencia Noroeste polos 115. Estes parabéns estendémolos ás demais Conferencias que en algún momento da historia de LNB organizaron xornadas, como son a Conferencia Sur, a Conferencia Centro, a Conferencia Andalucía e a Conferencia Bezouqueira. 
       Homes e mulleres que vos xuntades para practicar actividade física, utilizando como ferramentas deportivas saudables o palán, a billarda e o varal, billarda sempre!! Adiante co varal!!

    

Ningún comentario:

Publicar un comentario