ABERTO DÍA DA PATRIA 2017

Foto de Eduardo Garcia Santiago.




        Aberto da Patria e Día da Patria. A LNB estivo en Compostela mostrando ao mundo que a billarda segue viva. Con representantes das tres conferencias, a pancarta da LNB paseou polas rúas de Compostela. Xa pola tarde, disputouse o Aberto da Patria 2017 no campo de herba da USC. Ás 17 horas empezou a oírse os golpes sobre a madeira das billardas no Campus Sur da USC. Houbo participación de xogadores e xogadoras das tres conferencias LNB. 
        Ademais, xogaron por vez primeira unha decena de nenos e nenas galegos que se acercaron para saber como se xogaba. Como se dunha profecía que se cumpre se tratase, o ganador na categoría infantil foi BREOGÁN, un neno de Vigo que quedará inscrito para sempre no alboio da fama da LNB, como símbolo do poder das palabras daquel poeta: "desperta do teu sono fogar de Breogán". 
        Na categoría absoluta os resultados elevaron a Che ata Patriota 2017. O palanador dos Rinoceronte de Pontevedra superou na final a catro a Juan Carlos de Campo da Feira (Paiosaco), a Lois Fontán de Filloas de Sangue (A Coruña) e a Daniel de Billardeiros Musicais (Ribadeo). O título volve ás Rías Baixas, relevando a Luís Camiña que foi o Patriota 2016.


1- CHE        Conf. Rías Baixas           
2- JUAN CARLOS    Conf. Noroeste
3- LOIS FONTÁN     Conf. Noroeste
4- DANIEL             Conf. Norleste     





1º Infantil                 BREOGÁN    



Ningún comentario:

Publicar un comentario