CONFERENCIA NOROESTE NO PLAY OFF 2017

    Chegáronnos imaxes que desminten as informacións aparecidas estes días pasados nas redes sociais sobre a actuación desastrosa dos xogadores e xogadora da Conferencia Noroeste. Como se pode ver nas imaxes aportadas por WIKI FILTRACIÓNS LNB xogadores da Conferencia Noroeste estiveron presentes no terceiro posto da Categoría Infantil, no primeiro posto da Categoría Feminina e no primeiro e terceiro posto da Categoría Equipos. 
       Ademais, puxémonos en contacto co comité organizativo da Conferencia vicedecana da LNB e confirmaron que van ter unha xuntanza esta fin de semana para programar a temporada 2017-2018, pois afirman con rotundidade que están traballando no programa AFP, Apoio á Formación de Palanadores e Palanadoras, co obxectivo único de levar por vez primeira a Coroza a territorio NOROESTE. Xa conseguiron o compromiso de colaboración de varias empresas do sector da Madeira e do sector Agroalimentario que van ofrecer unhas becas anuais de residentes no Billarda Centro de Tecnificación e Alto Rendemento Deportivo de Paiosaco. As súas palabras finais foron: Adiante co Varal! Billarda sempre... que a Coroza veña para o Noroeste!
        

SEGUIMOS BUSCANDO CAUSAS POLAS CALES A COROZA SIGUE NO NORTE

     
        Outro dos factores determinantes do baixo rendemento a nivel individual dos xogadores da Conferencia Rías Baixas foi o efecto negativo da choiva sobre o seu corpo. Pois, mentres non empezou a chover o rendemento foi fenomenal. Na Categoría Infantil, tres postos de podio, na Categoría de Equipos 2 postos de podio, na Categoría Feminina dous postos de podio. 
        Alguén afirma que o causante da aparición da choiva foi o trío de Xamáns que viñeron na expedición da Conferencia Norleste. Ademais temos fotos da actuación destes gurús do Norte. Vemos dúas instantáneas que confirman estas afirmacións.
Flores en plena danza da choiva antes da Final Individual Absoluta

        

 Xamáns do Norleste presenciando as Finais 

POR QUE A COROZA NON MARCHOU DA CONFERENCIA MAI




BERDILLO

LUÍS CAMIÑA
       Para entender por que a Coroza vai seguir na Conferencia Mai outro ano máis, só debemos mirar estas dúas fotos de palanadores da Conferencia Noroeste (Berdillo) e da Conferencia Rías Baixas. 





       En canto á Categoría Infantil os datos de participación son magníficos. Por vez primeira participaron representantes de todas as Conferencia LNB. A participación foi de 12 nenos/as, un número impensable ao comezo da temporada. En canto ao nivel de xogo, dicir que unha nena, Adriana de Valpaços Terra Quente fixo historia. Primeiro, por conseguir o Título Infantil e en segundo lugar por clasificarse para participar nas Categorías Feminina e Individual Absoluta. O talento deportivo desta nena é fantástico. Abaixo aparecen as fotos de todos e todas as participantes na Final Infantil.
ADRIANA

GENO

JUANMA

AINHOA

ANTÍA

HUGO

MANU CALDEIRO

MARTIÑO

OSCAR GARCÍA

OSCAR CALDAS

SAMUEL

YAIZA

ESTATÍSTICAS DO PLAY OFF 2017

CADRO 1




CADRO 2


       Os resultados do domingo deixan ver claramente que o rendemento deportivo de palanadores e palanadoras de cada conferencia está moi parello. Por que dicimos isto? Pois, facémolo ao interpretar os datos estatísticos. No cadro 1 aparecen todos os participantes no PLAY OFF indicando quen pasou a primeira fase de grupos e quen quedou eliminado/a na fase de grupos, así como as puntuacións correspondentes destes. Despois, na fase de cruces houbo 3 enfrontamentos antes de chegar á final. A cor vermella indica a rolda na que quedou eliminado/a cada competidor/a. 
       No cadro 2 aparecen os números e porcentaxes de xogadores/as que se clasificarón para o PLAY OFF por cada Conferencia e o número e porcentaxes de quen se clasificou para a fase de cruces do PLAY OFF. En definitiva, en todas as conferencias hai palanadoras e palanadores de moito nivel, de nivel medio e de nivel. Outra cousa é a traxectoria individual. Aquí tamén hai números que fan situar a cada un e cada unha nun rango. Para coñecer eses números consultade as etiquetas RANKING de TÍTULOS e RANKING de XORNADAS.

COROCEIRO 2016
 CHOUSA

COROCEIRO 2017
MARKYTOS
       A transición doce produciuse na LNB, xa que a Coroza cambiou de palanador mais non cambiou de Conferencia. A Conferencia Mai quixo ir contracorrente de números de participación e de porcentaxes e conseguíu manter o título no seu territorio. Das mans de Chousa e da Terra Chá pasou á Mariña Lucense e as mans de Markytos. O xogador de Billardeiros Musicais agrandou a súa lenda e fíxose por terceira vez coa Coroza Nacional. Vai ser difícil igualar o seu palmarés... ou non tanto, xa que a participación na Categoría Infantil foi a máis elevada da historia con 12 nenas/os menores de 15 anos. Con este alcoube de palanadores/as en poucos anos sairá alguén que queira igualar e superar os logros do gran xogador de Ribadeo. 
       Na vida, como no deporte, é importante ter referentes que nos transmitan os valores adecuados para vivir nunha sociedade cada vez máis numerosa e diversa. Na LNB hai moitas persoas das que podemos sacar exemplos de vida.

JULIO VILAS

EDUARDO

MARTÍN BOCIXA

MANU POZO

PEPE OUTEIRO

CHARLI

SALVA
MARIO RODRÍGUEZ e CHEFA

PLAY OFF 2017 ACTAS


Bancadas cheas do campo de fútbol Manuel Paz do Castiñeiriño. Compostela.

       Rematou a LNB 2016-2017 coa proclamación dos campiós e campioas en cada unha das 5 categorías establecidas. Agora ábrese un prazo de 7 días para alegacións ou reclamacións ás actas oficiais. Metres tanto, podemos informar dos resultados e tamén dos podios. Para ter fotos debemos esperar uns días, pois os fotógrafos chegaron de madrugada aos seus domicilios e non tiveron tempo de subir as fotos. Ademais, estes primeiros días despois do Play Off os equipos e xogadores/as que subiron ao podio teñen que atender os compromisos con patrocinadores e institucións públicas. Deben acudir á recepción que lles ofrece o concello e a actos publicitarios, nos que mostrar os trofeos conseguidos e firmar autógrafos aos seus seguidores e seareiros. Daquela, iremos publicando a crónica fotográfica do PLAY OFF durante esta semana. 

Escrutinio da QUINILLARDA. Non houbo acertantes ao pleno, nin houbo acertantes de 3 categorías, polo tanto, houbo que chegar aos acertantes de 2 categorías, que curiosamente só foron 2 persoas. Isto indica a dificultade de prognosticar con acerto no mundo da Billarda.  


      







CATEGORÍA EQUIPOS



       Este ano, por fin, CORREDOIRAS un dos equipos máis potentes da LNB demostrou este potencial e logrou levar para Bueu o Título. Este ano a distancia entre o primeiro e o segundo foi de 5 puntos, algo que non sucedeu nas dúas últimas temporadas, nas que houbo un empate entre os dous primeiros equipos no ano 2015, e o ano 2016 foi unha distancia de 1 único punto. Onde houbo igualdade foi nos outros dous lugares do podio. Tal foi esta semellanza de puntos que houbo que desempatar. No desempate foi o equipo de Ponte de Outeiro quen se impuxo ao equipo da Ría de Pontevedra. 
       Analizando polo miúdo as puntuacións podemos afirmar que unha media de 10 puntos por xogador ou xogadora permite estar en postos de podio e incluso ter opcións de título. Os grupos que finalmente decidiron o título non foron os dous primeiros, senón do 3 ata o 6, xa que neles Corredoiras tivo unha media de 13 puntos.  






1º-CORREDOIRAS - Bueu

2º-CARABULLO - Ponte de Outeiro

3º-GHARABOTO - Marín







CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA






       O gran triunfador a nivel individual foi MARKYTOS, que pola mañá conseguiu o título de Varados, o que lle faltaba para completar o GRAN SLAM LNB (Varados-Individual-Equipos), e pola tarde logrou o seu terceiro título de COROCEIRO NACIONAL. Extraordinario PLAY OFF para o músico de Ribadeo. 





1º-MARKYTOS- Billardeiros Musicais - Ribadeo

2º-DANIEL- Rinoceronte - Pontevedra

3º-CHARLI- Carabullo - Ponte de Outeiro






CATEGORÍA INDIVIDUAL FEMININA





       Na Categoría Feminina CHEFA deu a sorpresa e superou na final a dúas Campioas Nacionais como son Bego e Geni. Nunha final emocionantisima a de Castela e León logrou, contra todo prognóstico, superar a Bego e a Geni. Foi tal a igualdade que á definitiva terceira carreira as 3 xogadoras chegaron empatadas, e as tres tiveron opción de entrar no mesmo golpe nesa terceira carreira, mais foi CHEFA quen o conseguíu. Bego e Geni tiveron que ir ao desempate para decidir os outros lugares do podio. Geni xogou a eliminatoria de semifinais e a final algo diminuída fisicamente, pois tivo unha caída e mancouse na coxa esquerda. Aínda así, tivo as súas oportunidades para ganar. A afouta palanadora de Ribadeo non quixo defraudar ao público asistente e continuou xogando a pesar da dor na perna esquerda.






1º-CHEFA- Corredoiras - Bueu

2º-BEGO- Corredoiras - Bueu

3º-GENI- Billardeiros Musicais - Ribadeo







 CATEGORÍA INFANTIL


       Outra gran sorpresa aconteceu na Categoría Infantil, xa que Juanma era o claro favorito, por ser dominador absoluto da súa Conferencia e actual Campión LNB. Máis e todo, foi ADRIANA quen finalmente conseguíu o Título, que por vez primeira vai para unha nena. A Categoría Infantil foi sempre territorio masculino, non obstante o incremento da participación de nenas está deixando ben claro que o sexo non determina as capacidades e destrezas para xogar á Billarda.






1º-ADRIANA - Valpaços Terra Quente - Vigo

2º-GENO - Corredoiras - Bueu

3º-JUANMA- Lúa de Forza - Sanxenxo







CATEGORÍA VARADOS
 




       En varados non hai máis que ver as actas. O único varado que se fixo foi o primeiro golpe da mañá, a partir dese golpe o universo conspirou para que ningunha billarda entrase no varal, pois houbo un par delas que chegaron a esa distancia pero por fóra do varal. Entón, o único trofeo que se entregou levouno Markytos, que cun golpe estratosférico impulsou a billarda a máis de 50 metros polo centro do varal. 


 1º-MARKYTOS- Billardeiros Musicais - Ribadeo



COROZA NACIONAL




Xa está preparada de novo a histórica COROZA que pertenceu ao Ballet Galego Rey de Viana. Esta Coroza é unha peza única que está todo o ano no Asador A Gata Meiga (Poio) nun cuarto insonorizado e nas condicións de temperatura ideais para a súa perfecta conservación. Só un día ao ano sae do seu bunker de Poio para viaxar a Compostela. Ese día é o último domingo de maio e o motivo é o de vestir durante 5 minutos (pero, que 5 minutos!) á persoa que consiga o Título da LNB na Categoría Individual Absoluta. En definitiva, coroará ao mellor xogador ou xogadora do mundo da temporada 2016-2017.